Satisfacción no PsdeG de Moaña polos resultados do acto de presentación da lei da dependencia.

 

            A totalidade dos colectivos cívico-sociais de Moaña que foron invitados o acto de presentación da lei de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia” enviaron representación o acto de presentación que o PsdeG levou a cabo onte na súa sede.

            Na mesa, os membros do PSdeG local Victor Pastoriza (Secretario Xeral) e Lola Miranda (Secr de benestar e políticas sociais), quen na apertura do acto e despois de agradecer a asistencia a tódolos presentes, destacaron a gran importancia que para as actividades que levan a cabo os colectivos presentes terá a aplicación desta lei.

            A intervención de Modesto Pose (Licenciado en Medicina, Inspector Médico do SERGAS, deputado e voceiro do PSdeG-PSOE para a área de sanidade) centrouse en detallar a penosa situación na que o actual goberno atopou as áreas sociais en Galicia, na cola de Europa e de España con moita diferencia. Detallou os incrementos presupuestarios aplicados a estas áreas polo actual goberno e rematou cunha pequena explicación acerca da presentación do proxecto funcional do que será o hospital de referencia para O Morrazo, recentemente presentado polo presidente Touriño en Vigo, e que se espera esta construido e operativo no ano 2012.

            Tomou a palabra Mar Barcón (Licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC, Médico de Atención Primaria e Planificación Familiar, deputada e secretaria de Asuntos Sociais do PsdeG-PSOE) quen fixo unha detallada exposición de cómo foron os procesos que deron lugar a redacción desta lei, que asegura será a lei polo cal se recordara o goberno de Zapatero, e dos procesos que seguira ata a súa definitiva redacción e aprobación.

            Barcón situou os presentes coas magnitudes que manexa a lei. 1.125.000 persoas dependentes na actualidade e 1.500.000 no ano 2015, máis de 25.000.000 millóns de euros que investirán Estado e Autonomias para desenrolar a lei na súa totalidade. Coste medio do servicio por usuario en 375 euros.

            Este esforzo inversor do conxunto do estado leva a Barcón a comparar a relevancía desta lei coa que nos anos 80 tuverón o desenrolo do sistema sanitario, educativo e as pensións nos anos 80.

            A continuación levou a cabo unha detallada explicación de a quen vai dirixido esta lei, como se desenrolara, e que servicios prestara. Explicou que en xaneiro de 2007 crearase o Sistema Nacional de Dependencia que a través do Consello Nacional de Dependencia se ocupara de coordinar tódalas accións que preve a lei. Destacou especialmente a posibilidade –excepcional-, que contempla a lei de que unha persoa dependente poida ser atendido por un cuidador no seu entorno familiar, para o cal o cuidador debe darse de alta na seguridade social.

            Barcon pensa que a lei todavía sera mellorada ata a súa aprobación definitiva, e que a cuestión do financiamento quedara totalmente resolta antes da súa entrada en vigor.

            No remate da presentación, produciuse como era de esperar un animado coloquio con intervencións de prácticamente tódolos representantes dos colectivos presentes.

            Na clausura do acto, Pastoriza manifestou que as frias matemáticas dinnos que en Moaña existen na actualidade 500 persoas con dependencia –nalgún dos seus graos-, as que a lei beneficiará directamente.

 

 

 

 

 

 

 

Moaña, 15 de xullo de 2006                                         Secr. Xeral PsdeG-PSOE de Moaña